Funcións
A Consellería do Mar é o órgano da Administración galega encargado da ordenación e o fomento do sector pesqueiro, marisqueiro, acuícola e de transformación dos produtos do mar no ámbito de Galicia.
As súas principais actuacións abranguen:
- Investigación e asistencia técnica ao sector.
- Elaboración e aplicación de plans de mantemento e mellora do litoral e dos recursos pesqueiros.
- Renovación, expedición e control das titulacións profesionais pesqueiras, náutico-deportivas e de mergullo.
- Salvamento marítimo e loita contra a contaminación.
- Planificación e actuacións portuarias.