CIMA

O Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) realiza unha investigación orientada e aplicada, cuxa finalidade é lograr a xestión racional e eficaz dos recursos mariños renovables, no ámbito xeográfico de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

O CIMA depende da Consellería do Medio Rural e do Mar. Intégrano o Centro de Investigacións Mariñas de Corón en Vilanova de Arousa (Pontevedra) e unha planta de cultivos mariños ubicada en Ribadeo (Lugo).