Fondos propios

Axudas a proxectos de rexeneración

Convocatoria 2026:

Para a presentación da solicitude:

Para a xustificación e pagamento da axuda:

Modelo M: Xustificación técnica

ORDE do 29 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas a proxectos que permitan paliar as perdas por mortalidade de moluscos tras a afectación polos episodios de choivas de 2026 (código de procedemento PE209Q).
 
Mellora da produtividade dos bancos marisqueiros (procedemento PE209H)

Mellora da produtividade dos bancos marisqueiros (procedemento PE209H)

Presentación procedemento PE209H

Orde que ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais, e a convocatoria, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan á mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños(código do procedemento PE209H).

Poderán ser beneficiarios das subvencións as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que sexan entidades titulares de plans marisqueiros en réxime de co-xestión e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán ser obxecto de subvención, de conformidade con esta orde, proxectos que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia, que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan á mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños.

Para a tramitación destas axudas a Consellería do Mar elaborou uns modelos que facilitan ás entidades solicitantes o traballo de presentación de solicitude de axuda e a xustificación documental das actuacións realizadas.

Para a presentación da solicitude:

Modelo P: Memoria proxecto colectivo (PE209H)

Para a xustificación e pagamento da axuda:

Modelo M. Xustificación técnica (PE209H)

Bases reguladoras e convocatorias deste procedemento PE209H:

Resolucións deste procedemento

Axudas por perdas debido á mortalidade de moluscos (PE209Q)

Presentación procedemento PE209Q

ORDE do 29 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas a proxectos que permitan paliar as perdas por mortalidade de moluscos tras a afectación polos episodios de choivas de 2026 (código de procedemento PE209Q).

Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que sexan entidades titulares de plans marisqueiros en réxime de coxestión e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán ser obxecto de subvención, de conformidade con esta orde, proxectos para a adquisición de semente destinada á repoboación, recuperación e reparación dos bancos marisqueiros danados, co fin último de recuperar o potencial produtivo e paliar as perdas por mortalidade de moluscos ocasionadas polos episodios de choivas de 2026,

Bases reguladoras e convocatoria deste procedemento PE209Q: