O novo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) dirixe o financiamento do orzamento da Unión a axudas para a Política Pesqueira Común (PPC), a política marítima da Unión e os compromisos internacionais da Unión no ámbito da gobernanza dos océanos. Este financiamento constitúe un instrumento fundamental para a pesca sustentable e a conservación dos recursos biolóxicos mariños, para a seguridade alimentaria mediante a subministración de produtos de peixe e marisco, para o crecemento dunha economía azul sustentable e para uns mares e océanos sans, protexidos, seguros, limpos e xestionados de maneira sustentable.
A consellería do Mar dispón das seguintes liñas de axuda para proxectos colectivos, que poden consultarse na guía de procedementos e servizos da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos).
A dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro como Organismo Intermedio do FEMPA asume como un dos principais obxectivos cara o período 2021-2027 loitar contra o fraude e manifesta o seu compromiso de actuar coa responsabilidade que supón xestionar os recursos a disposición da Comunidade Autónoma.
Declaración da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en materia antifraude.
O Servicio Nacional de Coordinación Antifraude (en diante, SNCA) ten establecido un canal específico para que calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puideran ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operación financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da UE poida poñer os feitos en coñecemento do SNCA.
A información que se remita ao SNCA a través dos medios indicados máis abaixo, deberá conter unha descrición dos feitos da forma máis concreta e detallada posible, identificando, sempre que sexa posible, as persoas que participaran nos mesmos; os negocios, convocatorias, instrumentos ou expedientes afectados pola presunta irregularidade ou fraude; a data certa ou aproximada na que os feitos tiveron lugar; o Fondo ou Fondos europeos afectados; o órgano ou entidade que xestionara a axuda; e os órganos ou entidades aos que, adicionalmente ou no seu caso, fora remitida a información.
Así mesmo deberá aportarse calquera documentación ou elemento de proba que facilite a verificación dos feitos comunicados e a realización das actuacións que correspondan en relación cos mesmos.
A persoa que remita a información, deberá identificarse mediante o seu número de NIF e o seu nome e apelidos, debendo indicar así mesmo unha dirección de correo electrónico, ou no seu defecto unha dirección postal, a través do cal o SNCA poida comunicarse con dita persoa.
Cando a información se remita ao SNCA en soporte papel, deberán constar na mesa os datos de identificación da persoa informante, coa súa correspondente sinatura.
O canal habilitado polo SNCA pode atoparse na dirección web:
http://www.igae.pap.minhafp.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx
Así mesmo, e sempre que excepcionalmente non sexa posible a utilización dos medios electrónicos, os feitos poderán poñerse en coñecemento do Servicio Nacional de Coordinación Antifraude en soporte papel mediante o envío da documentación en sobre cerrado á seguinte dirección postal:
Servicio Nacional de Coordinación Antifraude.
Intervención General de la Administración del Estado.
Ministerio de Hacienda y Función Pública.
Calle de María de Molina 50, planta 12. 28006 Madrid.
- 1. Axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros de Galicia, dos lugares de desembarque e dos ancoradoiros (procedemento PE209G)
-
Os proxectos subvencionados nestas ordes financiarán a organizacións colectivas sen ánimo de lucro para desenvolver medidas de interese colectivo, que contribúan á consecución do obxectivo específico 1.1 do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) de reforzar as actividades pesqueiras que sexan económica, social e medioambientalmente sostibles dentro da prioridade 1 da Unión Europea (UE) relativa a fomentar unha pesca sostible e á recuperación e conservación dos recursos biolóxico acuáticos.
Os proxectos contribuirán á mellora e modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque ao abeiro do programa para España do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura para o período 2021-2027 e terían como obxecto a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo das persoas pescadoras, da calidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca e da seguridade das infraestruturas fronte a eventos meteorolóxicos provocados polo cambio climático.
Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores do sector da pesca, as cooperativas, as asociacións profesionais de persoas pescadoras e mariscadoras e as asociacións profesionais de redeiras que realicen os investimentos e gastos que se consideren subvencionables. As entidades serán sen ánimo de lucro e deben ter un ámbito territorial que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia e sede social na mesma.Análisis de viabilidade económico financeira
Folla autoevaluativa de poder adxudicadorCONVOCATORIA 2023
Memoria eficiencia enerxética - LEDS
Modelo de informe técnico - Iluminación LED
Memoria eficiencia enerxética - Instalacións de frío
Modelo de informe técnico - Sistemas de frío
Memoria protección do medio ambiente - Instalacións fotovoltaicas
Modelo de informe técnico - Electricidade renovable
Memoria protección do medio ambiente - Enerxía térmica
Memoria informe técnico - Enerxía térmica
Memoria protección do medio ambiente - Contenedores de lixo
Memoria mellora da seguridade e das condicións de traballo
Memoria mellora da calidade dos produtos
Memoria obras de modernización
Modelo de memoria de execución
Bases reguladoras e convocatoria deste procedemento PE209G
- 2. Proxectos colectivos, que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e medio ambientalmente sostible (procedemento PE209P)
-
Orde que ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais, e a convocatoria, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMPA, que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e medio ambientalmente sostible.
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as confrarías de pescadores e as súas federacións, as organizacións de produtores pesqueiros, as entidades asociativas xurídicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector pesqueiro, entidades sen ánimo de lucro integradas exclusivamente polas confrarías de pescadores e federacións destas sempre que desenvolvan as súas actividades profesionais no sector marisqueiro e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán ser obxecto de subvención as accións colectivas que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto á protección e recuperación dos recursos biolóxico-acuáticos a través dunha xestión sostible dos recursos pesqueiros e a recuperación e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como, á consecución dos obxectivos medioambientais e de mitigación do cambio climático.
Para a tramitación destas axudas a Consellería do Mar elaborou uns modelos de memorias e informes que facilitan o traballo de presentación e xustificación documental das entidades solicitantes.
Para a presentación da solicitude:
MODELO A: Memoria do proxecto- Cálculo do orzamento (Apartado 10.1 do modelo A)
- Acreditación viabilidade económico-financeira (Apartado 10.6 do Modelo A)
MODELO B: Descriptores Estratexia Mariña
Folla autoevaluativa de poder adxudicador
Para a xustificación e pagamento da axuda:
MODELO C: Plan de seguimento
MODELO D: Informe técnico final
MODELO E: conta xustificativa
MODELO G: Xornada informativa
MODELO R: Rexistro horarioBases reguladoras e convocatoria deste procedemento PE209P