Normativa
RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2023 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se convoca un curso de mariñeiro/a pescador/a na modalidade de teleformación na Escola Oficinal Náutico Pesqueira de Ribeira
RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2023 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se convoca un curso de mariñeiro/a pescador/a na modalidade de teleformación na Escola Oficinal Náutico Pesqueira de Ferrol
RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2023 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se convoca un curso de mariñeiro/a pescador/a na modalidade de teleformación no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo
Matrícula
Desde o acceso situado na parte inferior permítese solicitar praza (pre-inscrición) en calquera dos cursos cuxas convocatorias se atopen activas e para os que o alumno reunirá os requisitos solicitados para a realización dos mesmos.
É imprescindible que o alumno estea rexistrado antes de realizar ningún trámite.
Non se aceptará a pre-inscrición dun participante en máis dun centro.
Si se detecta que un participante incorre neste aspecto, anularase a súa inscrición.
Acceso á prematrícula
Aula Virtual
Para realizar os cursos de teleformación, utilizaremos unha plataforma de aprendizaxe ou sistema de xestión de cursos (CMS) chamada MOODLE. Nela atoparemos todos os contidos, tarefas, documentación e outras actividades das que conste cada curso. Unha vez formalizada a matrícula, terase acceso na seguinte ligazón a través das credenciais enviadas.