Noticia
Villaverde destaca la importancia de la captación y retención del talento en el sector del mar durante la clausura del Programa de especialización de la UIE
La conselleira do Mar recalca la relevancia del "Executive Master in Seafood Management" en el aprendizaje, compromiso social y relevo generacional de las profesiones del mar
El programa oferta un conocimiento profundo en áreas clave para lograr una producción sostenible y sostenible
Vigo, 19 de junio de 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou na clausura da II edición do Executive Master in Seafood Management da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE), onde incidiu na importancia deste tipo de formacións centradas na innovación, a superación dos desafíos e a produción sostible dos nosos mares.
A responsable autonómica sostivo que o máster abrangue de xeito integral toda a cadea de valor dende unha perspectiva estratéxica para o sector do mar, e destaca o “acerto na programación, enfoque e desenvolvemento” da metodoloxía dos casos, con situacións que permiten aplicacións inmediatas no día a día dos profesionais.
A conselleira do Mar resalta especialmente a importancia da captación e retención do talento coma “un dos retos máis importantes para a empresa galega”, tarefa para a cal dende a Consellería do Mar reforzouse o orzamento, cun fondo destinado ao Programa de Ensinanzas Marítimo-Pesqueiras de 12,4 millóns de euros, que veu un incremento do 9,5% respecto o ano pasado.
Villaverde recalca que a formación axuda a manter o sector do mar nunha posición estratéxica para Galicia e proporciona ferramentas para a innovación e a captación de oportunidades. Ademais, incidiu en que a especialización é crucial para lograr “unha produción eficiente e sustentable de alimentos saudables e de calidade”.