Nova

Alfonso Villares aborda con Fundamar os proxectos en marcha e estuda vías de colaboración coa entidade

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo un encontro con representantes do padroado da Fundación para la Pesca y el Marisqueo (Fundamar) para abordar os proxectos en marcha pola entidade e estudar vías de colaboración co Goberno galego. O responsable autonómico destacou o traballo que realizada esta entidade a prol do desenvolvemento sustentable, no impulso da innovación ou no fomento da cultura preventiva como factor esencial na mellora da calidade de vida dos profesionais e na propia competitividade da cadea mar-industria.

O titular de Mar, acompañado pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Patricia García, e pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, coñeceu polo miúdo as iniciativas nas que traballa actualmente esta fundación. Así, desenvolve as súas accións no marco de catro liñas de actuación: a seguridade e saúde laboral, a innovación social e igualdade, a promoción e formación así como a sustentabilidade. Esta organización está integrada pola patronal ARVI e os sindicatos UGT e CC.OO, sendo a primeira do sector marítimo pesqueiro que conta con representación paritaria de empresarios e traballadores.

Imaxes relacionadas