Nova

A consellería do Mar apoia a celebración dunha nova edición da feira Galicia Market Place en Vigo

1 de 1

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2025

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Patricia García, mantivo un encontro de traballo con representantes do Círculo de Empresarios de Galicia para abordar a celebración da novena edición del Galicia Market Place, que terá lugar ao longo do primeiro semestre deste ano na cidade de Vigo. Un evento que, como nas pasadas edicións, contará co apoio da Consellería do Mar e que abarca tres escenarios. Por un lado, contará cunha área que funcionará como escaparate para a presentación de produtos, outro espazo dedicado a conferencias e mesas redondas e por último unha zona para o intercambio entre os participantes con almorzos de networking, catas e show cookings.

A directora xeral destacou que neste encontro dáse conta da experiencia da cadea mar-industria, poñéndose en valor que a optimización do produto do mar abre mercados e incrementa o prestixio de Galicia, facéndoa máis visible nunha economía globalizada. Así, puxo en valor o éxito das anteriores edicións mediante xornadas integradas por espazos e accións coas que se daba forma a programas completos de actividades que transforma ao Círculo de Empresarios no epicentro do emprendemento agroalimentario galego.

Imaxes relacionadas