Nova

A Xunta leva o mellor sabor das rías galegas á feira de maquinaría agrícola, forestal e de produtos ecolóxicos Magreco en Biomorto coa campaña de Galicia sabe AMar

1 de 1

A delegada da Xunta, Belén do Campo, e alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, visitaron a foodtruck da campaña

Boimorto  (A Coruña), 29 de marzo de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada pola alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, visitou hoxe a foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR que se achegou a Boimorto con motivo da feira maquinaria agrícola e forestal e produtos ecolóxicos Magreco, onde enxalzou a calidade dos peixes e mariscos das rías galegas. Esta acción, cuxa primeira edición tivo lugar no 2021, percorre os núcleos de máis de 1.000 habitantes e está presente en eventos deportivos, culturais, festas gastronómicas ou centros de ensino, ata outubro do 2025, realizando un total de 1.400 degustacións. 

A representante do Goberno autonómico subliñou a importancia de que a cidadanía teña bos hábitos alimenticios. Nesta liña, resaltou a necesidade de reverter a tendencia de descenso de consumo de peixe e marisco dos últimos anos xa que son alimentos que contan con propiedades nutritivas excepcionais, como os ácidos graxos Omega 3 e practicamente todos os minerais precisos para unha alimentación completa e saudable. 

A delegada puxo en valor esta iniciativa que, ademais de fomentar o consumo dos produtos pesqueiros na cesta da compra dos galegos, tamén contribúe a divulgar a súa excelente calidade, reforzando á vez a un sector estratéxico para a economía galega que representa preto do 5% do PIB e do que dependen ao redor de 50.000 empregos. Unha liña de traballo na que se afonda nos Orzamentos do 2025 mobilizando máis de 20 millóns de euros, un 75% máis que no 2023, para campañas de promoción, a mellora da comercialización dos produtos pesqueiros e acuícolas e ao estudo de patróns e tendencias de consumos.

Imaxes relacionadas