Nova
A delegada da Xunta visita a Casa da Navegación de Baiona no décimo aniversario da súa apertura
Vigo, 31 de marzo de 2025
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns as instalacións da Casa da Navegación de Baiona con motivo do décimo aniversario da súa apertura en marzo de 2015 nun edificio emblemático, a Casa Carvajal da rúa Ventura Misa, con financiamento do Goberno galego, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona. A representante autonómica, acompañada do alcalde Jesús Vázquez Almuiña, coñeceu o museo baionés, unha institución municipal que alberga unha colección que mostra a evolución histórica, urbana e social da Real Vila, destacando as privilexiadas relacións comerciais que mantivo con Europa e América e o papel transcendental que xogou seu porto na historia da navegación atlántica.