Nova

Villares destaca a unión e a sustentabilidade como valores que definen a colaboración con Acerga no marco do modelo de cogobernanza do sector

1 de 3
2 de 3
3 de 3

O responsable autonómico puxo en valor os logros alcanzados ante o Estado como a agrupación dos topes diarios de sardiña en dous cotas semanais ou a elevación á Comisión a petición de adianto do 5% da cota prevista de sardiña para este ano 

Tamén resaltou que proximamente formalizarase un grupo de traballo co fin de analizar a situación actual das pesqueiras peláxicas e avanzar no ámbito da mellora da extracción e comercialización destes recursos pesqueiros  

Sada (A Coruña), 4 de abril de 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a unión e a sustentabilidade como valores que definen a colaboración coa Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga) no marco do modelo de cogobernanza do sector pesqueiro galego. Así o manifestou na inauguración das VIII Xornada da Frota do Cerco na que subliñou o traballo conxunto realizado ata agora cara unha visión común na que,  o cambio da determinación das posibilidades de pesca da sardiña, a cabala e o bocarte, fundamentais para este sector, supoñen un eixo fundamental do noso quefacer.

Nesta liña, o responsable autonómico puxo en valor os logros alcanzados ante o Goberno do Estado como a agrupación dos topes diarios de sardiña en dous cotas semanais, e a mellor ordenación da pesqueira para este ano, abordando a óptima xestión económica da cota. Tamén a elevación á CE dunha petición de adianto do 5% da cota prevista de sardiña para este ano, co obxectivo de empregala no período de setembro a outubro de 2024.  Similar coa cota do bocarte do Cantábrico, a empregar en setembro, de forma que a súa aparición puidese ser aproveitada baixo criterios socioeconómicos ou o intercambio con Portugal das cotas sobrantes de cabala e xurelo por sardiña e bocarte.

Alfonso Villares subliñou que foi ese modelo de cogobernanza do sector o que permitiu atender todas as peticións do sector baixo a aportación de experiencia de xestión dos técnicos da Concellería do Mar. Tamén expuxo que proximamente formalizarase un grupo de traballo co fin de analizar a situación actual das pesqueiras peláxicas e avanzar no ámbito da mellora da extracción e da comercialización destes recursos. O obxectivo é lograr obter o maior valor engadido das cotas dispoñibles e adecuar a xestión da flota a un modelo máis competitivo e sostible. O titular de Mar indicou que, deste xeito, tamén se atende a necesidade de abordar as cuestións que afectan ao conxunto de especies peláxicas obxecto de explotación por parte da flota galega como a sardiña, o xurelo, o bocarte e cabala. 

Imaxes relacionadas