Nova
Portos de Galicia autoriza instalación dun colector de lixo mariño no porto de Tragove, en Cambados
Cambados (Pontevedra), 27 de abril de 2025
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia emitiu autorización para a instalación dun colector de lixo mariño no porto de Tragove, no municipio pontevedrés de Cambados. O titular da autorización será a Fundación Galicia Obra Social, que desenvolverá a actividade.
A autorización permitirá desenvolver a actividade de recollida de residuos dos fondos mariños e acopialos no peirao para o seu posterior tratamento por un xestor autorizado. A autorización ten un prazo de vixencia inicial ata finais deste ano, con posibilidade de prórroga por 4 anos máis.
O titular da autorización farase cargo da conservación destra instalación, tanto no referente a súa conservación, utilización, limpeza, hixiene e ornato. Para isto presentarase un plan de conservación e mantemento preventivo e evolutivo.