Nova

Villares resalta o papel da muller no sector pesqueiro e no desenvolvemento social, cultural e económico de Galicia

1 de 3
2 de 3
3 de 3

O titular Mar citou o ‘Poema á muller galega’ de Manuel María para louvar ao principal activo social da comunidade que personificou na Asociación de Mulleres Rurais ‘As Espalladoras’ no marco da Xornada do Mar 

O responsable autonómico destacou que, a pesar da fenda de xénero, as mulleres ocupan un papel esencial no ámbito da industria e comercialización de produtos do mar e en actividades extractivas como o marisqueo a pé

Cervo (Lugo), 11 de maio de 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou na Xornada do Mar organizada pola Asociación de Mulleres Rurais ‘As Espalladoras’ na que resaltou o papel da muller no sector pesqueiro e no desenvolvemento social, cultural e económico de Galicia. Nesta liña, puxo en valor a débeda de Galicia coas mulleres e á súa contribución na tarefa de facer avanzar á comunidade logrando melloras que inciden no entorno e na súa veciñanza.

O titular de Mar recorreu ao Poema á muller galega de Manuel María para louvar ás que cualificou como “principal activo social de Galicia” que personificou na entidade promotora do acto. Un traballo que foi invisibilizado durante moito tempo pero que foi indispensable para construír a Galicia do presente, tecendo redes e labrando o camiño polo que hoxe transcorren as novas xeracións de galegos e galegas.  

O responsable autonómico destacou que, a pesar da fenda de xénero, as mulleres teñen un papel protagonista na cadea mar-industria, unha actividade estratéxica que representa o 5% do PIB e ao redor de 50.000 empregos. Así, representan case a metade dos traballos no ámbito da transformación e comercialización dos produtos pesqueiros e o 75% do marisqueo a pé, a mesma proporción que no actual equipo directivo da Consellería do Mar. Cifras que para Alfonso Villares amosan a innegable realidade de que a historia de Galicia “escríbese en feminino”.

Imaxes relacionadas