Nova

Villares destaca o papel do CIMA como piar científico do sector pesqueiro e que sitúa a Galicia á vangarda no ámbito da investigación mariña

1 de 2
2 de 2

O titular de Mar resalta que na actualidade está desenvolvendo 19 accións, 11 das cales foron postas en marcha no 2024, nas que o Goberno galego inviste preto de 1,9 millóns de euros

O Centro de Investigacións Mariñas, inaugurado no ano 1975, pretende achegar a labor investigadora realizada durante estes cincuenta anos con diversas actividades dirixidas á cidadanía

Desde a súa creación foron censados e presentado máis de 800 traballos en congresos e eventos científicos que se suman aos preto de 280 artigos admitidas en distintas revistas no período 2000-2024  

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 13 de maio de 2025

No marco dos diferentes actos programados para a celebración dos cincuenta anos de actividade científica do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), organismo público de investigación da Consellería do Mar, inaugurouse a exposición de cartaces científicos baixo o título 50 anos na beira do mar que, de xeito gráfico, recolle unha selección de traballos de investigación realizadas polo persoal deste centro entre os anos 1975. No acto estivo o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que destacou o papel do CIMA como piar científico do sector pesqueiro da comunidade e que sitúa a Galicia á vangarda da investigación mariña.

O responsable autonómico resaltou que na actualidade o centro está desenvolvendo 19 accións, 11 das cales foron postas en marcha no 2024, nas que o Goberno galego inviste preto de 1,9 millóns de euros. Entre as iniciativas destacan as dirixidas a mellorar a produción de xuvenís, á xestión de pesqueiras e avaliación de orizo de mar ou as relativas ao estudo do ciclo completo de produción de especies autóctonas como a ameixa fina e a coquina, de gran interese para o sector marisqueiro.

O titular puxo en valor o traballo que desenvolve o persoal investigador do centro autonómico que aborda catro liñas de investigación. Por un lado, abordando o estudo e coñecemento dos procesos oceanográficos, a bioloxía, ecoloxía e dinámica dos recursos mariños, a mellora dos procesos de cultivo das especies mariñas así como as alteracións patolóxicas que afectan a moluscos bivalvos.

Nos seus cincuenta anos de existencia, e despois de varias xeracións de persoal técnico e científico, nesta exposición móstrase como esta actividade foi difundida en diversos congresos e eventos, levando o coñecemento sobre o medio mariños do litoral galego a multitude de países dos cinco continentes, desde Europa ata Oceanía. Está composta con máis de douscentos exemplares que foron censados entre o ano 1993 e 2024, con representación de todos os anos transcorridos desde 1993, agás o ano 2020, con motivo da pandemia do COVID-19. O CIMA ten censados máis de 800 traballos presentados en congresos e eventos científicos. Por outra banda, entre o ano 2000 e o ano 2024 foron admitidos en distintas revistas preto de 280 artigos.

A persoa que visite esta exposición poderá explorar un relato histórico das principais liñas de investigación do CIMA, que abarcan temas como enfermidades de parasitos de moluscos, oceanografía e floracións algas nocivas, xestión dos recursos mariñao vivos nas rías galegas, así como o desenvolvemento e avances logrados na acuicultura de peixes, moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños de interese comercial.

Para dar a coñecer esta labor científica están organizadas unha xornadas de portas abertas para centros escolares da contorna do Salnés. A través destas xornadas transmitirase aos escolares unha visión de todo o que se realizou no Centro, a importancia da investigación en temas relacionados co medio mariño es os animais e plantas que o habitan. Ademais, e en colaboración do Concello de Vilanova de Arousa, está previsto dar traslado desta exposición a unha sala onde a veciñanza e os visitantes poidan coñecer de primeira man  a capacidade de investigación do CIMA.

Imaxes relacionadas