Nova
A Xunta e a Universidade da Coruña colaboran no desenvolvemento do proxecto ‘Biorock’ para o estudo da mellora do crecemento do mexillón
O conselleiro do Mar subliñou que o obxectivo é poñer en marcha novos métodos para aumentar a fixación larvaria do mexillón, potenciar o seu crecemento, a reprodución e a súa supervivencia
A iniciativa pretende aplicar a tecnoloxía ‘Biorock’, empregada xa con éxito na recuperación de hábitat mariños naturais, que baséase na aplicación de electricidade de corrente continua de moi baixa tensión
A Coruña, 17 de maio de 2025
A Xunta e a Universidade da Coruña colaboran no desenvolvemento do proxecto Biorock para o estudo da mellora do crecemento de especies de acuicultura no marco do convenio de colaboración asinado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao. O titular de Mar subliñou que esta iniciativa responde á necesidade de artellar ferramentas eficaces ante o impacto de factores como o cambio climático na sustentabilidade da actividade acuícola e pesqueira.
O responsable autonómico sinalou que está acción persegue poñer en marcha novos métodos para aumentar a fixación larvaria do mexillón, potenciar o seu crecemento , a súa reprodución e a súa supervivencia. Con esa finalidade vai a empregarse a tecnoloxía Biorock, que basease na aplicación de electricidade de corrente continúa de moi baixa tensión. Experimentos previos demostraron o seu potencial neste ámbito, mesmo en condicións de estrés estremo, en todos os organismos mariños examinados en diferentes contornas naturais testados ao longo de todo o mundo.
O titular de Mar explicou que este estudo está encamiñado á obtención d datos científicos adoitados sobre o crecemento do mexillón baixo un campo eléctrico Biorock. Así, os datos desta fase experimental servirán para a posible formulación futura do emprego desta técnica nas bateas. Alfonso Villares resaltou que os achados derivados deste traballo poden achegar solucións sustentables para o sector acuícola galego e dar lugar á creación de novas tecnoloxías para a súa aplicación neste sector. Así, recordou que Galicia é a principal rexión de Europa en cultivos mariños así como a importancia estratéxica da actividade da miticultura para a economía galega.
O acordo, que estará vixente ata o 15 de novembro deste ano, recolle a realización de tarefas de medición das taxas de crecemento e asentamento que serán realizados en piscina e experimentos de crecemento con mexillóns adultos. Por outra banda, e coa finalidade de entender a nivel molecular e metabólico os efectos da tecnoloxía Biorock realizaránse experimentos para analizar a función mitocondrial. Tamén serán realizadas probas para estudar a taxa e asentamento das larvas en diferentes superficies como cordas de batea ou pedra calcaria.