Nova

Belén do Campo visita o buque de asalto anfibio Castilla atracado no porto da Coruña

1 de 1

A representante do Goberno galego destacou a importancia deste tipo de escalas para achegar ás galegas e galegos o labor das Forzas Armadas, así como para reforzar os lazos de colaboración institucional

A Coruña, 22 de maio de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou o buque de asalto anfibio Castilla (L-52), pertencente á Armada Española, atracado no peirao de Calvo Sotelo do porto da Coruña. A escala tamén contou coa presencia na Coruña da fragata Santa María e o buque escola da cooperativa pesqueira Intermares.

As tres embarcacións forman parte dunha agrupación á fronte da que se atopa o vicealmirante Juan Bautista Pérez Puig, comandante do cuartel xeral marítimo de alta dispoñibilidade e do Spanish Maritime Force headquarters. O Castilla, ademais, ten a un coruñés ao mando, o capitán David Diaz-Caneja Greciano.

A representante do Goberno galego destacou a importancia deste tipo de escalas para achegar ás galegas e galegos o labor das Forzas Armadas, así como para reforzar os lazos de colaboración institucional. “É unha honra recibir na nosa cidade buques desta categoría, que simbolizan o compromiso coa seguridade e a cooperación internacional”, declarou a delegada da Xunta, tras realizar un percorrido polas instalacións do navío.

O Castilla, con base en Rota (Cádiz), é unha das principais unidades da Flota, con capacidade para operacións anfibias, humanitarias e de apoio loxístico. A súa presenza no porto coruñés insírese nunha serie de actividades destinadas á divulgación da súa misión e medios, incluíndo xornadas de portas abertas para o público xeral. Ademais, este buque ten previsto realizar, ata o mes xullo, diversos exercicios e manobras na mar, que servirán para incrementar a preparación das dotacións dos buques e completar formación das futuros oficiais da Armada.

Imaxes relacionadas