Nova
Marta Villaverde preside a reunión do padroado da Fundación Marinnleg
Esta entidade público-privada foi creada para cubrir aspectos técnicos que teñen que ver coa actividade pesqueira, situando a Galicia na primeira rexión da UE en contar cun órgano destas características
Como accións inmediatas, en colaboración coa FAO, desenvolverá dúas accións formativas relacionadas co control e a vixilancia, así como coa inspección de inspeccións portuarias pesqueiras
Vigo, 1 de xullo de 2025
A Fundación Marinnleg celebrou este martes a reunión do seu padroado, que estivo presidida pola conselleira do Mar, Marta Villaverde, e na que se fixo un balance tanto das contas como das actividades desenvolvidas por esta entidade público-privada, que foi creada para cubrir os aspectos técnicos que teñen que ver coa actividade pesqueira nas súas diferentes vertentes, tanto a económica, como a xurídica e a administrativa, situando a Galicia na primeira rexión da Unión Europea en contar cun órgano destas características.
Na xuntanza detallouse o informe de financiamento, así como a participación da Fundación nas conferencias sobre solucións tecnolóxicas para cadeas globais de valor do Icex e o papel das infraestruturas portuarias como facilitadoras da economía azul; a asistencia á reunión xeral do Idac en Vigo e da gobernanza internacional do MAPA como membros observadores e ao foro de sostibilidade global de produtos do mar.
Tamén se deu conta do seguimento do etiquetado dos produtos Plant based e da análise do sistema de seguridade social dos traballadores do mar e de solucións para combater a falta de remuda xeracional, ademais da organización coa FAO de dúas accións formativas. A primeira, de seguimento, control e vixilancia que se desenvolverá no porto da cidade olívica dende o 7 ao 18 de xullo e, a segunda, de formación de inspeccións portuarias pesqueiras, que terá lugar do 13 ao 30 de outubro deste ano, e que será a súa sétima edición.
A constitución desta Fundación enmárcase no proxecto Plan Bule Growth, liderado pola Autoridade Portuaria de Vigo, no que, ademais da Consellería do Mar, participan as universidades galegas, asociacións e empresas vinculadas ao sector, o Porto de Vigo e a Administración central.