Nova

Marta Villaverde incide na necesidade dunha PPC máis xusta socioeconómica e medioambientalmente, xestionada baixo un enfoque ecosistémico

1 de 4
2 de 4
3 de 4
4 de 4

A conselleira do Mar trasladou que estes son algúns dos argumentos sobre os que debe sustentarse a Política Pesqueira Común, e que Galicia recolle no Decálogo Estratéxico presentado o ao Comisario de Pesca o pasado mes de abril, en Bruxelas

Con sede xurídica en Irlanda, este órgano está entrado na xestión das pesquerías do Atlántico Nororiental, cuxas especies máis destacadas son o bacallau, a merluza ou a lagosta

Vigo, 4 de xullo de 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, incide na necesidade de contar cunha Política Pesqueira Común (PPC) máis xusta, de xeito que asegure o equilibrio entre as dimensións social, económica e ambiental, e cuxa xestión debe estar baseada no mellor coñecemento científico e na adopción dun enfoque ecosistémico. Así o trasladou na reunión de traballo que mantivo o comité executivo do Consello Consultivo para as Augas Noroccientais, en Vigo, e no que participou xunto ao director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial.

Na súa intervención, a responsable autonómica referiuse ao encontro como unha oportunidade para afondar na xestión dos recursos pesqueiros, partindo da realidade do sector e tomando en conta a súa dimensión social, viabilidade económica e a proporcionalidade no cumprimiento dos criterios medioambientais de salvaguarda dos recursos.

Un proceso no que os Consellos Consultivos son unha fonte de asesoramento útil tanto para as rexións pesqueiras, como para a Comisión Europea e os Estados membros. E é que, insistiu, as peculiaridades de Galicia deben ser tidas en conta, máxime cando a súa frota é referente en Europa.

Con estes argumentos, a conselleira puxo en valor os elementos sobre os que debe sustentarse a reforma da Política Pesqueira Común, e que serviron xa de contexto para que, no ano 2022, Galicia presentade o Ditame da PPC e, este mesmo ano, de base para a elaboración do Decálogo Estratéxico que a Consellería expuxo ao Comisario de Pesca e Océanos o pasado mes de abril, en Bruxelas. Son os seguintes: promoción da rexionalización, potenciación do relevo xeracional, protección do mercado interior europeo para dotalo de soberanía alimentaria fronte a terceiros países, dotación dunha definición común e ampla da pesca artesanal apropiada á idiosincrasia da cada cunca marítima e actualización do concepto de zona altamente dependente da pesca para que as zonas recoñecidas teñan un trato diferenciado encamiñado a preservar a actividade marítimo-pesqueira. Todo elo, baixo un enfoque ecosistémico en aras de mellorar a xestión do sector e de adaptalo ao cambio climático, así como de preservar o acervo mariñeiro e de fomentar unha economía azul na que as actividades da pesca, o marisqueo e a acuicultura ocupen o centro do deseño das políticas do futuro do mar.

Contexto

Este Consello Consultivo céntrase na xestión das pesquerías no Atlántico Nororiental, desde as augas irlandesas ata o mar do Norte. O seu traballo enfócase en especies como o bacallao, a pescada ou a lagosta, así como na implementación de medidas técnicas e plans de xestión.

É un órgano representativo das partes implicadas (pescadores, representantes do sector pesqueiro e da sociedade civil) no ámbito da xestión dos recursos que está recoñecido legalmente como unha organización cun fin de interese europeo. Ten a súa sede xurídica en Irlanda e presta asesoramento periódico a iniciativa propia ou a instancias da Comisión Europea e dos Estados membros con intereses nas augas comunitarias "offshore" de la ZEE de Irlanda, Reino Unido e Francia (subdivisións CIEM 5b, 6 e 7).

É un dos once Consellos Consultivos que asesora sobre os Mares Báltico, Mediterráneo, do Norte e Negro; das Augas do sudoeste e das Rexións Ultraperiféricas.

Imaxes relacionadas