Nova

Marta Villaverde pon en valor a oportunidade que supón o Premio Deseño Anfaco para talentos mozos

1 de 5
2 de 5
3 de 5
4 de 5
5 de 5

Vigo, 04 de xullo de 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, salientou hoxe que o  VII Premio de Deseño Anfaco contribúe a mostrar ao mundo o sector conserveiro de xeito moderno, innovador e atractivo, e cun packaging que permite a progresión da comercialización así como achegar o seu fácil consumo e os seus aspectos nutritivos. Do mesmo xeito, recoñeceu a proxección que está adquirindo o certame, realizado en colaboración coa Fundación Banco Sabadell, cunha participación de 302 artistas de 18 nacionalidades diferentes. Este feito, pon de manifesto que esta é unha iniciativa de relevancia no ámbito do deseño gráfico destacando a achega do talento xuvenil ao noso sector conserveiro, que é sinónimo de Galicia Calidade.

Villaverde sinalou durante o acto de entrega deste recoñecemento a importancia de eventos como este para potenciar o consumo das conservas de produtos do mar e a entrada en novos mercados. Ademais a titular de Mar felicitou á gañadora do premio, Xiang Soto, por converterse co seu traballo en embaixadora das conservas de peixes e mariscos.

Imaxes relacionadas