Nova

A Consellería do Mar e a Fundación Traslatio afondan na promoción do sector e no consumo dos produtos marítimo-pesqueiros

1 de 3
2 de 3
3 de 3

Vigo, 6 de xullo de 2025

A Consellería do Mar, Marta Villaverde, mantivo un encontro de traballo cos representantes da Fundación Traslatio, entidade coa que o departamento autonómico acumula unha intensa colaboración para achegar o mar á cidadanía e promover a inxesta de alimentos procedentes da costa galega. É o caso do programa de visitas ao observatorio submarino Nautilus, instalado no porto de Vigo, ou dos distintos obradoiros que se realizan a bordo do buque de vapor Hidria Segundo. 

Trátase da primeira xuntanza que Villaverde ten con dita fundación desde que asumiu a dirección da Consellería, dando así continuidade á rolda de contactos que está a ter con todos os colectivos, entidades e organizacións cos que o seu departamento ten establecidas distintas vías de cooperación.

Imaxes relacionadas