Nova

A delegada territorial da Xunta en Ferrol participa na Sala Curuxeiras na degustación e showcooking de pescados e mariscos da ría

1 de 2
2 de 2

Ferrol, 11 de xullo de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá na Sala Curuxeiras á xornada de degustación de pescados e mariscos da ría organizada pola Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol.

Ademais da degustación do produto da ría, a actividade incluíu un showcooking a cargo dun cociñeiro do Grupo Nove de Cociña, que elaborou distintas receitas tomando como materia prima estes produtos.

Esta iniciativa está incluída no proxecto de promoción da Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol financiado a través da estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) do GALP Golfo Ártabro Norte.

Imaxes relacionadas