Nova

Villaverde realiza dende Muros a ofrenda á Virxe do Carme, pedindo que sexa guía e protección para toda a xente do mar

1 de 2
2 de 2

Muros (A Coruña), 16 de xullo de 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou este mércores nos actos de homenaxe á Virxe do Carme, organizada pola Confraría de Pescadores de Muros, oficiando a tradicional ofrenda á patroa dos mariñeiros e da xente do mar. Na súa imploración, realizada desde este lugar con gran tradición mariñeira pero dirixida a todas as rexións costeiras da comunidade, a responsable autonómica pediu a axuda divina para seguir guiando e protexendo a todos homes e mulleres que exercen esta profesión pero, sobre todo, aos que faenan en alta mar, polo risco que implica esta actividade. 

Definíndose como unha filla do mar máis, Villaverde tamén tivo palabras agarimosas e de alento para as familias que perderon algún ser querido durante o desempeño do seu traballo, pero tamén para as novas xeracións, co fin de que acaden un futuro próspero, así como para os que teñen responsabilidades gobernamentais para que teñan atino nas súas decisión en prol dunha Galicia máis forte.

Esta localidade coruñesa, ao igual que moitas vilas do litoral galego, celebrou con gran fervor  esta festividade, a través da que se honra á Estrela dos Mares, como tamén se lle coñece a esta Virxe dentro do acervo marítimo. Logo da ofrenda e da Misa solemne, pola tarde a imaxe foi levada a porto para encabezar a procesión marítima, na que participaron todas as embarcacións, dando lugar a un espectáculo relixioso e festivo en toda a ría. Á volta, a talla foi desembarcada e devolta á capela de orixe, onde os fieis entoaron o canto da Salve.

Imaxes relacionadas