Nova
Marta Villaverde clausura o terceiro curso internacional avanzado da FAO sobre seguimento, control e vixilancia
Vigo, 18 de xullo de 2025
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, clausurou a terceira edición da acción formativa de fortalecemento de capacidades para a implantación de instrumentos internacionais de loita contra a pesca INDR ilegal, non declarada e non regulamentada. A colaboración da Xunta permitiu que 34 alumnos representantes de autoridades de pesca e portos de 12 países (Salvador, Arxentina, Brasil, Colombia, Costa Rica, Ecuador, Guatemala, México, Panamá, Perú, República Dominicana e Uruguai), se formasen en labores de seguimento, control e vixilancia de pesca.
A iniciativa, ao igual que na edición do ano anterior, desenvolveuse a bordo do buque intermares e forma parte dun programa de formación destinado a fortalecer as capacidades dos organismos de inspección pesqueira dos países que asinaron o Acordo de Medidas do Estado Reitor de Porto (AMERP). Para elo, a FAO creou Centros Rexionais de Formación, sendo o porto de Vigo o punto de referencia para as actividades de formación de países de África, América Latina e o Caribe. Esta iniciativa enmárcase no obxectivo da Organización das Nacións Unidas para a Alimientación e Agricultura, máis coñecida pola siglas en inglés FAO, de establecer mecanismos de loita contra a pesca ilegal.