Nova

O Bono Peixe colle ritmo e supera as 75.000 descargas nas primeiras xornadas do programa autonómico de promoción do consumo de peixe e marisco frescos

1 de 3
2 de 3
3 de 3

Na actualidade hai 275 peixerías adheridas en toda a provincia das cales 29 están en Santiago de Compostela, unhas cifras, poden medrar nos vindeiros días xa que o prazo de adhesión continúa aberto ao longo das 10 semanas de vixencia do programa 

A conselleira do Mar sinala que é a primeira vez que se desenvolve unha medida deste tipo específica para os produtos pesqueiros que pretende contribuír a reverter o descenso no consumo de peixe e mariscos frescos

A responsable autonómica pon en valor esta acción do Goberno galego fronte a falta de iniciativas do Goberno central de incentivo á presenza destes alimentos na cesta da compra dos consumidoras e a súa reiterada negativa a rebaixar o IVE

Santiago de Compostela, 30 de xullo do 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, realizou unha visita a unha peixería da Praza de Abastos santiaguesa onde destacou que xa son máis de 75.000 as descargas dos Bono Peixe. Unha cifra que non deixa de medrar e que amosa o interese dos consumidores nesta iniciativa coa que o Goberno galego pretende afondar na promoción e incentivo do consumo do peixe e mariscos frescos entre a cidadanía.

A responsable autonómica sinalou que na actualidade xa hai 275 peixerías adheridas na provincia da Coruña, 29 das cales pertencen á capital galega. Uns números, dixo, que poden medrar nos vindeiros días xa que o prazo de adhesión continúa aberto ao longo de toda a vixencia do programa de fomento do consumo. Esta liña, recordou que estes bonos permiten aos consumidores acceder a descontos do 25% nas súas compras ata un máximo de 5 euros semanais. No caso de non facer uso de parte do saldo, poderase acumular nas sucesivas ata un máximo de 25 euros.

Marta Villaverde salientou que Galicia volve a estar á vangarda na promoción dos produtos pesqueiros cunha medida pioneira e específica para incentivar a presenza destes alimentos na cesta da compra e que xogan un papel fundamental no marco dunha dieta equilibrada. Nesta liña, indicou que, ademais de beneficiar a saúde da cidadanía, consumir os produtos do mar de xeito frecuente contribúe a reforzar a cadea mar-industria, á vangarda tecnolóxica e referente internacional en sostibilidade. Un sector cun gran impacto en termos de emprego dado que por cada traballador no mar, xérase entre 7 e 10 postos de traballo en terra.

Rebaixa do IVE 

A titular de Mar puxo en valor esta acción do Goberno galego fronte a falta de iniciativas do Goberno central de incentivo á presenza destes alimentos na cesta da compra dos consumidoras e a súa reiterada negativa a rebaixar o IVE a estes produtos. Tamén recordou que esta medida é complementada con outras liñas de traballo con campañas específicas como GALICIA SABE AMAR, a promoción do peixe e marisco galegos nas principais feiras nacionais e internacionais, e outras accións realizadas en colaboración coas principais entidades sectoriais.

Imaxes relacionadas