Nova
Portos de Galicia outorga á Confraría de Pescadores de Celeiro a concesión para uso do edificio da sede por 50 anos cunha bonificación do 90%
Santiago de Compostela, 02 de agosto de 2025
Portos de Galicia outorgou á Confraría de Pescadores de Celeiro, no municipio lucense de Viveiro, unha nova concesión administrativa para o uso do edificio da súa sede, situado en dominio público portuario. A concesión contempla un prazo de 50 anos e con ela dáse continuidade a actividade que xa viña acollendo o edificio nunha concesión anterior que está a piques de finalizar.
A concesión contempla diversos usos no edificio. Así, ademais da sede da confraría funcionará como local de oficinas, formación náutico pesqueira e acollera actividades con fins sociais. O título administrativo outorgado á Confraría de Pescadores de Celeiro contempla a aplicación do artigo 40 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. En base a el contempla unha bonificación do 90% das taxas por ocupación de dominio público dadas as actividades que acollerá o edificio.