Nova
Portos de Galicia garantiza a renovación do pavimento da fronte portuaria do Freixo
Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2025
O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, e o alcalde de Outes, Francisco Calo, analizaron a situación do Porto do Freixo, que contará o vindeiro ano coa renovación do pavimento da fronte portuaria. Este compromiso realizouse no marco da xuntanza de traballo que mantiveron recentemente e na que se trataron os avances na mellora das infraestruturas portuarias do municipio.
Con este encontro, o presidente do ente público, dependente da Consellería do Mar, comprometeuse a estudar a situación da concesión do Centro Náutico, unha responsabilidade que pretende asumir a Administración local co fin de poder xestionar directamente a Escola de Vela en colaboración con Portos de Galicia.