Nova
Portos de Galicia e o Concello de Porto do Son avanzan na posta en marcha de novas instalacións para os peiraos do municipio
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2025
Portos de Galicia e o Concello de Porto do Son veñen de tratar os proxectos e obxectivos en común para o correcto e óptimo funcionamento dos espazos portuarios que ambas administracións teñen en común. Así quedou de manifesto na reunión celebrada recentemente entre o presidente do ente público, José Antonio Álvarez, e o alcalde do municipio coruñés, Luis Oujo, na sede do organismo portuario.
No encontro de traballo, o responsable autonómico deu conta da adxudicación das obras de mellora do abrigo e a ampliación de atraques en Portosín, por un importe de máis de 2 millóns de euros, que se agarda que comecen nas vindeiras semanas e contan cun prazo de execución de 9 meses.
A reunión co Concello de Porto do Son dá continuidade ás xa celebradas con diferentes mandatarios aspectos de diversa índole con respecto á planificación portuaria e na crecente relación de convivencia das vilas mariñeiras cos espazos portuarios.