Nova
Portos de Galicia e o Club Náutico de Rianxo avanzan na tramitación da concesión para as instalacións da entidade
Santiago de Compostela, 15 de agosto de 2025
O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, e o presidente do Club Náutico de Rianxo, Elisardo Fernández, mantiveron esta semana unha xuntanza para informar sobre os avances na tramitación da concesión no dominio público portuario para a construción e explotación das instalacións náutico deportivas no peirao do municipio.
Unha vez superado o trámite de competencia (DOG 8/05/205) e rematado o prazo de información pública (DOG 24/06/25), o responsable autonómico informou que o expediente está pendente de recibir o informe da Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Transición Ecolóxica, así como o concernente ao Concello de Rianxo. Así o transmitiu o responsable da entidade deportiva e ao resto de membros da directiva presentes na xuntanza.
O investimento previsto polo Club Náutico é de mais de 1,6M€ para a reordenación do espazo de atraque e actuacións en terra para local social.