Nova

Villaverde pon en valor a traxectoria de Opmega como entidade representativa do sector miticultor galego

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo un encontro de traballo con representantes da Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (Opmega) coa finalidade de abordar as necesidades dos seus asociados. A responsable autonómica puxo en valor a súa traxectoria como entidade representativa do sector miticultor galego e resaltou a importancia desta actividade extractiva da que Galicia é líder a nivel europeo representando o 44,6% da produción deste bivalvo en todo o continente.

Esta organización, constituída en 1986 como OPMAR, é unha das principais entidades do sector agrupando a 579 bateas e 312 socios, cunha rede de delegacións distribuídas polo litoral da comunidade. Está recoñecida como Organización de Produtores Pesqueiros (OPP) nacional, o que implica o desenvolvemento o seu propio plan de produción e comercialización. Na actualidade é a única con esta consideración no ámbito da produción de mexillón en Galicia.

Imaxes relacionadas