Nova

A Xunta traslada o seu apoio e ponse a disposición do armador do barco afundido en Mauritania

1 de 1

Santiago de Compostela, 13 de setembro do 2025

A Xunta de Galicia está a facer un exhaustivo seguimento do afundimento do pesqueiro, de capital galego, en Mauritania. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, está en permanente contacto cos axentes implicados. De feito, a primeira hora da mañá contactou co armador para pórse á súa disposición e coa secretaria Xeral de Pesca, dependente do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime.

Nestes momentos, son 5 os desaparecidos, todos mauritanos. O resto da tripulación, na que había 3 españois (2 patróns galegos e 1 operador de máquinas onubense), está toda en terra. 

Desde o Goberno galego agárdase que a situación para as persoas que aínda non foron atopadas, se resolva o máis satisfactoriamente posible.

Imaxes relacionadas