Nova

A Xunta contribúe á dinamización da actividade marisqueira da ría de Pontevedra, colaborando coa XXXVII Festa da Ameixa de Campelo

1 de 3
2 de 3
3 de 3

Poio (Pontevedra), 26 de setembro do 2025

A Conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou este xoves na XXXVII Festa da Ameixa de Campelo, promovida pola Xunta de Galicia co fin de dinamizar a actividade marisqueira da zona e de por en valor a calidade do produto que se extrae da ría pontevedresa.

Como en cada edición, na xornada de hoxe fíxose entrega da Ameixa de Prata a todos os mariscadores xubilados na anualidade anterior e pertencentes ás confrarías de Lourizán, San Gregorio de Raxó e San Telmo de Pontevedra. Así, desde hoxe ata o domingo, poranse á disposición do público uns 500 quilos deste molusco, un dos máis importante da lonxa de Campelo que, ademais de ser a principal da contorna, tamén é unha das máis destacadas de Galicia. Proba delo, é que, en 2024, puxo á venda máis de 130.000 quilos, que acadaron no mercado un valor superior aos dous millóns de euros.

Imaxes relacionadas