Nova

A Consellería do Mar avanza no desenvolvemento do Plan de Cultura Marítima de Galicia 2030

1 de 2
2 de 2

A Coruña, 30 de setembro do 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo ese martes unha reunión de traballo co director do Plan de Cultura Marítima de Galicia 2030, Óscar Fuertes, co fin de seguir afondando e avanzando no desenvolvemento desta iniciativa. A responsable autonómica quixo celebrar este encontro para constatar a boa evolución desta acción e unha vez que o Consello da Xunta autorizou tamén no día de onte a adenda ao convenio que o Goberno galego asinou en 2021 coa universidade coruñesa para a súa elaboración, e que permite estender este traballo investigador ás illas atlánticas.

O Plan de Cultura Marítima de Galicia conta cun investimento total da Consellería de preto de 315.000 euros. É un documento único e pioneiro tanto a nivel nacional como internacional, no que se recollen un conxunto de accións co obxectivo de protexer e conservar o enorme patrimonio marítimo galego. Recolle 100 medidas a aplicar antes do ano 2030 para avanzar no seu coñecemento, preservalo e poñelo en valor tanto en Galicia como no exterior.

Imaxes relacionadas