Nova

Villaverde enxalza o liderado e fortaleza do sector transformador galego e o seu éxito na comercialización dos produtos pesqueiros

1 de 3
2 de 3
3 de 3

A titular de Mar pecha Conxemar cun balance positivo do impacto da nova edición desta feira na que mantivo unha ampla axenda de contactos con entidades sectoriais, organizacións internacionais e máis de medio centenar de empresas

A responsable autonómica puxo en valor a experiencia e traxectoria da cadea mar-industria da comunidade situada á vangarda internacional grazas a súa aposta pola innovación e modernización do seus procesos produtivos

Tamén destacou o papel da Xunta que financia a celebración do Congreso da FAO que antecede a feira ademais do propio evento no que participa cun expositor institucional e outros dous empresariais no que participaron 16 empresas galegas

Vigo, 9 de outubro de 2025

A feira internacional de produtos do mar conxelados, Conxemar, pechou a súa vixésimo sexta edición con cifras récord con 812 expositores de 46 países. Un números que, para a conselleira do Mar, Marta Villaverde, amosan a capacidade de convocatoria e fortaleza do conxunto da cadea mar-industria galega. Así o manifestou a responsable autonómica no marco dunha amplísima axenda de reunións e contactos ao longo das tres xornadas con organizacións, organismos internacionais e empresas co obxectivo de poñer en marcha ou ampliar liñas de colaboración así como tecer alianzas na defensa dos intereses dun sector estratéxico para Galicia.

Así, Villaverde comezou a semana cun encontro co embaixador de Mozambique en España, Eugénio Agostinho Langa, con quen abordou asuntos de interese común no ámbito pesqueiro así como aspectos relativos á colaboración na promoción dunha xestión dos recursos mariños sostible e responsable. Tamén mantivo unha reunión cunha delegación da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) para abordar a colaboración do Goberno galego no programa de capacitación da iniciativa Portos Azuis. A esta xuntanza, sumouse a mantida esta última xornada cunha delegación arxentina encabezada presidente da Cámara Arxentina Patagónica de Industrias Pesqueiras (CAPIP), Agustín de la Fuente, país estratéxico para as empresas e frota pesqueira da comunidade.

A conselleira do Mar tamén fixo un amplo percorrido polo recinto feiral que a levou a visitar a máis de medio centenar de empresas galegas coa misión de coñecer con detalle a actividade que están a desenvolver. Marta Villaverde  puxo en valor a experiencia e traxectoria da cadea mar-industria da comunidade situada á vangarda internacional grazas a súa aposta pola innovación e modernización do seus procesos produtivos. Ademais, aproveitou estas visitas para abordas as necesidades do tecido empresarial e estudar conxuntamente o desenvolvemento de medidas e novas liñas de apoio que permitan potenciar a competitividade e crecemento desta industria.

Papel da Xunta

A responsable autonómica puxo en valor o papel o papel da Xunta que financia a celebración do Congreso da FAO, que antecede a feira, ademais do propio evento no que tamén participa cun expositor institucional e outros dous empresariais no que participaron 16 empresas galegas. Un apoio que supón un investimento que supera en conxunto os 500.000 euros. Unha colaboración que é complementada con diferentes liñas de axuda autonómicas a disposición do sector para afondar na competitividade e sustentabilidade do conxunto da cadea mar-industria da comunidade.

Imaxes relacionadas