Nova
A Xunta afonda na promoción e difusión dos produtos da costa galega, apoiando a XVII edición de A Cociña no Mar
O Grove (Pontevedra), 9 de outubro do 2025
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, participou este xoves na charla-coloquio incluída na programación de décimo sétima edición de A Cociña no Mar, organizada pola asociación de empresarios Emgrobes e apoiada pola Consellería do Mar. No encontro púxose en valor as altas propiedades culinarias e saudables do peixe e marisco galego, sobre todo, daqueles produtos menos coñecidos ou que menos se ofrecen no eido da restauración.
O mirador da lonxa acolleu o desenvolvemento desta acción na que as ostras, petarañas e algas foron as grandes protagonistas. As receitas foron elaboradas por profesionais da hostalería, complementando así a oferta culinaria que ofrece estes días a Festa do Marisco.