Nova

Villaverde destaca no Día Mundial da Saúde Mental como o mar contribúe a unha Galicia máis saúdable e sostible

1 de 5
2 de 5
3 de 5
4 de 5
5 de 5

Cervo (Lugo), 10 de outubro do 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou este venres na inauguración da exposición `Conecta co mar. O mar é vida`, enmarcada na colaboración que está a levar a cabo este departamento, a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (Galp) Mariña-Ortegal, coa Asociación Saúde Mental A Mariña, e que ten por obxectivo poñer en valor o patrimonio cultural vinculado á actividade marítima no senso de favorecer o benestar psicolóxico e social das persoas con patoloxías mentais, permitíndolles achegarse de forma activa e consciente ao mundo do mar.

Villaverde sumouse así ao Día Mundial da Saúde Mental, destacando que o consumo de peixe e marisco, contribúe a unha Galicia máis saúdable e sostible. Por iso, felicitou aos promotores da mostra por contribuír á concienciación e difusión dunha alimentación sa e equilibrada.

Imaxes relacionadas