Nova

Cándido Rial destaca a cadea mar-industria na proxección da Marca Galicia como sinónimo de calidade, sustentabiliade e confianza

1 de 6
2 de 6
3 de 6
4 de 6
5 de 6
6 de 6

Considera decisivo o acompañamento da Consellería para a modernización e apertura de novos mercados das pemes vinculadas á actividade pesqueira

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación, participou na XII edición de Exporpymes e na V Xornada de Alimentación Saudable

A Coruña, 14 de outubro de 2025

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, destacou na XII edición de Exporpymes o intenso traballo da Consellería do Mar para acompañar ao sector pesqueiro e marisqueiro na modernización e á apertura de novos mercados, a través de políticas de innovación, sostibilidade, formación, promoción e comercialización, co fin de conformar unha cadea de valor sólida e dinámica, e que non só abastece aos mercados, senón que contribúe a proxectar a marca Galicia como sinónimo de calidade, sustentabilidade e confianza.

Porén, encontros como o indicado, engadiu, cobran máis valor se cabe, ao seren unha oportunidade para as pequenas e medianas empresas do sector, en aras de afondar na diversificación, a dixitalización e a cooperación empresarial. E é que segundo indicou, a internacionalización no só é vender fóra, senón que tamén é aprender no mundo, innovar e mellorar aquí.

Organizado pola Cámara de A Coruña, este encontro une a exportadores galegos e a importadores doutros países con interese en expandirse e explorar novos horizontes comerciais.

Alimentación saudable

Posteriormente, Cándido Rial tamén participou V Xornada de Alimentación Saudable, organizada por Vegalsa-Eroski na cidade herculina, e na que se abordou, entre outros asuntos, a importancia do consumo de peixe e marisco galegos para unha dieta equilibrada polo seu alto contido en proteínas de alto valor biolóxico, vitamina D, iodo, potasio, ferro e ácidos grasos omega-2, altamente beneficiosos para unha saúde cardiovascular.

Precisamente, con esta finalidade,  Rial lembrou a colaboración da Consellería do Mar coa entidade promotora desta xornada, para o desenvolvemento do proxecto Capitán Mareas, destinado a achegar o consumo de produtos do mar á poboación infantil.

Imaxes relacionadas