Nova
Xunta e Agade afondan na súa colaboración a prol da cadea de valor vinculada á depuración e comercialización dos produtos do mar Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2025
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada dos directores xerais de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica e de Desenvolvemento Pesqueiro, Cándido Rial e Ángeles V. Suárez, respectivamente, mantivo este mércores un encontro de traballo con representantes de Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos (Agade), co fin de establecer novas vías de colaboración que afonden na defensa dos intereses da cadea de valor vinculada á depuración e comercialización dos produtos do marisqueo e da acuicultura.
Neste senso, Villaverde valorou o traballo desta entidade que é un referente en España para o sector do molusco, marisco fresco e bivalvo en todas as súas vertentes. Conta con 45 empresas asociadas, que facturan máis de 300 millóns de euros e xeran máis de 1.000 empregos directos. Con esta xuntanza, a responsable autonómica dá continuidade á rolda de contactos que está a manter cos distintos elos da cadea mar-industria en aras de impulsar a súa competitividade e rendibilidade.