Nova
A Xunta e Anfaco-Cytma exploran posibles liñas de colaboración no ámbito da investigación mariña
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2025
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantivo un encontro de traballo con representantes da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixe (Anfaco-Cytma) para explorar posibles liñas de traballo e colaboración no ámbito da investigación mariña. A responsable autonómica puxo en valor o compromiso do Goberno galego por impulsar a ciencia como ferramenta esencial na xestión pesqueira cos centros autonómicos como o Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA), o Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) ou o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), os seus máximos expoñentes.
Ángeles V. Suárez tamén destacou o traballo que ven realizando esta entidade como Centro Nacional de Coñecemento e Tecnoloxía para a Industria Mariña, Acuícola e Alimentaria, cun especial incidencia na innovación nos procesos produtivos na industria conserveira, un sector estratéxico en termos económico e de emprego para a comunidade. Nesta liña, subliñou a importancia de sumar recursos e tecer alianzas entre o sector público e o privado para continuar avanzando no desenvolvemento de proxectos que afonden na competitividade e resiliencia do conxunto da cadea mar-industria galega.