Nova

Villaverde pon en valor a aposta do Grupo Pereira pola diversificación dos seus produtos

1 de 5
2 de 5
3 de 5
4 de 5
5 de 5

Destaca o seu modelo de integración vertical, abarcando todas as fases do proceso produtivo ata a venta do produto final

Con sete décadas de historia, esta entidade atópase na listaxe das dez empresas máis destacadas do sector pesqueiro español

Vigo, 22 de outubro do 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, pon en valor a aposta do Grupo Pereira pola diversificación do seus produtos, o que lle permite expandir as súas operacións pesqueiras a varios continentes. Así o indicou este mércores logo da visita institucional realizada a esta factoría que, en 2024, realizou importantes melloras na planta do porto pesqueiro de Vigo como a ampliación das líneas de termoformado, dixitalización da área de producción e instalación fotovoltaica, cunha inversión cifrada en 1 millón de euros.

A máxima responsable da Consellería puxo en valor o seu carácter social e empresarial dentro dunha cadea produtiva que achega preto do 5 % ao Produto Interior Bruto (PIB) da comunidade autónoma; ratificando así o liderado de Galicia no eido da exportación. Esta entidade empresarial acumula un volume de facturación de 185.000.000 euros por 45.000 toneladas vendidas, o que a sitúa na listaxe das dez primeiras empresas do sector pesqueiro en España. Dispón de máis de 1.250 empregados e o volume exportador ascende a 76.000.000 euros.

Neste senso, a titular de Mar, destacou que este Grupo é un exemplo de como completar o círculo e afondar na busca de valor engadido co peche da cadea mar-industria. Porén, Marta Villaverde trasladou que o Goberno galego continuará apoiando a entidades coma esta, dando así continuidade ao compromiso mantido nos últimos anos, a través de importantes achegas europeas que están a ser decisivas no desenvolvemento do seu plan de expansión empresarial.

70 décadas de historia

Grupo Pereira ten filiais en Senegal, Mauritania, Namibia, Sudáfrica e Malvinas.  Dispón de 20 barcos que faenan en sete caladoiros nos que capturas unhas 120 especies. Iniciou a súa traxectoria no 1955, polo tanto, este ano, o grupo celebra sete décadas de historia coroadas nunha importante integración vertical desde o mar ata o cliente final.

Imaxes relacionadas