Nova

O presidente de Portos de Galicia e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro manteñen un encontro de traballo coa confraría de Corme, en Ponteceso

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2025

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, Ánxeles Vázquez, mantiveron unha reunión de traballo esta mañá na sede do ente público coa confraría de pescadores de Corme, en Ponteceso. No encontro avaliaron as posibles melloras e axudas para a entidade profesional.

A confraría solicitou a Portos de Galicia diversas actuacións de mantemento das infraestruturas, entre elas a renovación de escaleiras e defensas. Así mesmo abordouse a posible mellora do tren de fondeos e o estado de tramitación da obra de arranxo da rampla de varada, pendente de informe de Costas do Estado.

Finalmente, revisáronse tamén as subvencións outorgadas pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro á confraría e analizáronse especialmente as referidas a equipamentos pesqueiros e vixilancia e asistencia técnica. Nos últimos anos a dirección xeral outorgou equipamentos e axudas por preto de 200.000 euros á confraría para o servizo de TicPesc, guindastre, cámara frigorífica e mellora da calidade de conservación dos produtos.

Imaxes relacionadas