Nova

Villaverde reivindica a Galicia como comunidade provedora de saúde e de alimentos nutritivos e de calidade

1 de 3
2 de 3
3 de 3

Vigo, 29 de outubro do 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defendeu na clausura do simposio Interfish `Pescado, Saúde e Sostibilidade` a Galicia como comunidade provedora de saúde e alimentos nutritivos e de calidade. Un contexto que leva anos promovendo a entidade promotora do encontro e que a fixo merecedora co Premio Alimentos de España, tal e como destacou a responsable autonómica.

Neste senso, Villaverde abordou a importancia de seguir apoiando accións como a desenvolvida en Vigo, pois inciden na divulgación dun consumo responsable do peixe e marisco, como parte dunha dieta saudable, ao tempo que fomentan a sostibilidade dos recursos pesqueiros como garantía de futuro. Dous obxectivos que afondan no equilibrio entre saúde, economía e medio ambiente tan defendido pola Administración autonómica nas súas políticas de actuación. No simposio, no que Interfish presentou o primeiro Decálogo Científico de Posicionamento sobre Saúde e Sustentabilidade, a titular de Mar puxo en valor o apoio da Xunta a esta entidade, materializado nun convenido de colaboración, a través do que, desde 2023, a Consellería de Villaverde leva destinados máis de 400.000 euros.

Imaxes relacionadas