Nova

Mar destinará o vindeiro ano 4,3 M€ á formación náutico-pesqueira, un 27% máis que no 2025

1 de 1

Ferrol, 6 de novembro do 2025

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, visitou este xoves a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol, onde destacou a aposta que realiza a Xunta de Galicia pola formación e, en consecuencia, pola profesionalización do sector do mar. Para materializar este compromiso e garantir o relevo xeracional, a Consellería do Mar consignou para o vindeiro ano 4,3 millóns, un 27% máis con respecto ao exercicio anterior.

Unha acción que se complementa co Programa de Ensinanzas Pesqueiras, cuxo investimento se eleva un 9,5%, situándose en preto de 12,4 millóns, e coa aposta pola FP dual, en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Ángeles V. Suárez defendeu que a comunidade ten un gran futuro vinculado ao mar, polo que cómpre seguir dando  facilidades para a instrución dos futuros profesionais da actividade e para a mellora das condicións laborais e a seguridade tanto en terra como a bordo. Na última década saíron dos centros de formación dependentes da Consellería máis de 1.700 titulados profesionais. A matrícula nestas escolas medrou un 60% desde o 2009.

Imaxes relacionadas