Nova

Villaverde analiza novas accións de promoción conxuntas no marco do convenio de colaboración con Anfaco-Cytma

1 de 2
2 de 2

A alianza con esta entidade permitiu realizar este ano iniciativas como a XII Anfaco World Tuna Conference ou a campaña A Matriculata

A conselleira do Mar subliñou a importancia de traballar man a man cun sector estratéxico  sector para afondar na súa competitividade, proxección e fomento do consumo

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse con representantes da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas e Produtos Transformados de Pescados e Mariscos – Centro Nacional de Coñecemento e Tecnoloxía para la Industria (Anfaco-Cytma) para analizar novas accións de promoción no marco do convenio de colaboración con esta entidade.

A responsable autonómica resaltou que a alianza da Xunta con esta organización sectorial permitiu a realización de distintas iniciativas ao longo deste ano como a XII Anfaco World Tuna Conference ou unha nova edición da campaña de promoción A Matriculata, que percorreu este ano todos os campus universitarios galegos a través dunha foodtruck. Así, a Xunta achegou a metade dos máis de 400 mil euros, case un 36 % respecto o 2024, para a execución de accións dirixidas á posta en valor das conservas e produtos do mar así como a garantir a súa presenza en mercados prioritarios mediante a participación en feiras de alimentación estratéxicas.

A titular de Mar subliñou a importancia de traballar man a man cun sector estratéxico  para afondar na súa competitividade, proxección e fomento do consumo. Unha liña de traballo que dá continuidade ás actuacións executadas o ano pasado e cuxas publicacións alcanzaron 8 millóns de clics. Ademais, tamén abordaron a divulgación e accesibilidade virtual do entorno conserveiro e do patrimonio cultural vencellado a esta industria. Nesta liña, manifestou o apoio do Goberno galego a un sector clave na cadea mar-industria galega da man dunha entidade cunha traxectoria consolidada como Anfaco-Cytma, con máis de 120 anos de historia.

Marta Villaverde destacou o activo papel desta organización como interlocutor do sector ante institucións internacionais como a Comisión Europea, o Parlamento Europeo, a FAO, InfoFish, así como ante a administracións de terceiros países. Tamén puxo en valor a súa aposta pola innovación tecnolóxica desenvolvendo na última década 300 proxectos que mobilizaron máis de 260 millóns de euros. Unha labor que complementa o seu laboratorio, no que se realizaron máis de 1,3 millóns de análises, atendéronse 20.000 consultas e capacitáronse a máis de 5.000 alumnos.

Imaxes relacionadas