Nova
Mar e a confraría de Vigo abordan os retos da actividade marítima da zona
Vigo, 21 de novembro de 2025
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, realizou unha visita á confraría de pescadores de Vigo co obxectivo de afondar na análise do sector, reforzar liñas de colaboración e abordar os principais retos da actividade marítima nesta zona.
No encontro, os representantes da entidade pesqueira expuxeron os avances realizados en materia de sostibilidade e mellora das infraestruturas portuarias, así como as necesidades máis urxentes para garantir a competitividade do sector. Pola súa banda, Rial destacou a importancia estratéxica da actividade pesqueira nesta ría, motor económico e social fundamental para a cidade e un referente nacional e internacional. Neste senso, expresou a vontade da Consellería do Mar de seguir traballando de maneira conxunta para impulsar medidas que melloren a actividade e protexan os recursos mariños.