Nova
Mar pon en valor a Centola de Lorbé na XXII edición desta festa gastronómica
Lorbé (A Coruña), 22 de novembro de 2025
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, participou este sábado na XXII Festa da Centola de Lorbé, unha celebración gastronómica coa que volve a colaborar a Consellería do Mar e que cada ano atrae a numerosos visitantes dispostos a desfrutar este prezado marisco.
Con esta iniciativa, a Xunta dá continuidade ao compromiso de por en valor os produtos do mar, o traballo das comunidades pesqueiras e o turismo vinculado á cociña e aos alimentos mariñeiros. Ademais, o festexo desenvólvese nun enclave privilexiado, recoñecido pola súa tradición pesqueira e pola excelente calidade do produto que se exalta.