Nova

Villaverde destaca en Xantar o investimento de 14 M€ no 2026 para a promoción dos produtos da pesca a través da presenza e eventos feirais

1 de 5
2 de 5
3 de 5
4 de 5
5 de 5

A conselleira participou na clausura da XXVI edición desta feira, que contou novamente cun stand propio de Mar

Ourense, 23 de novembro de 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou este domingo na clausura de Xantar, 26º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, na que destacou a aposta da Xunta pola promoción e difusión dos produtos agroalimentarios, incluídos os procedentes do mar, e que para os que a Consellería destinará o vindeiro ano 14 millóns de euros a través da presenza en eventos feirais.

Con estas iniciativas, sublíñase o compromiso do Goberno galego de dar a coñecer e promocionar “a riqueza culinaria e os beneficios para a saúde destes alimentos extraídos da nosa costa”.

Como ven sendo habitual, o departamento de Villaverde participou no encontro -presentado como a única feira internacional de turismo gastronómico acreditada na Península Ibérica- cun expositor propio, no que, desde o xoves ata hoxe, se desenvolveron distintos obradoiros-degustacións que enxalzan “as excelentes propiedades” dos produtos marítimo-pesqueiros, dispoñendo algúns deles de selos de calidade como pescadeRías.

Definida pola conselleira como “acción que dá pulo á Galicia gastronómica, turística e mariñeira”, os asistentes puideron saborear conservas de Anfaco-Cytma, pescada do pincho e bonito do norte de Burela, mexillón da Denominación de Orixe Protexida de Galicia ou rodaballo de Prodemar.

Imaxes relacionadas