Nova

A Unidade de Policía Nacional Adscrita e Gardacostas de Galicia comisan 74 quilos de centola en Rianxo

1 de 1

No marco deste operativo contra o furtivismo, os axentes identificaron unha persoa, tramitaron unha sanción por infrinxir a Lei de Pesca de Galicia e as centolas comisadas foron devoltas ao mar 

Santiago de Compostela, 25 de novembro 2025

Axentes do Equipo de Resposta Policial (Erpol) da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA) comisaron 74 quilos de centola, así como un vehículo, no marco dun operativo de control e rastrexo de produtos pesqueiros levado a cabo o pasado 22 de novembro no concello coruñés de Rianxo. 

Na intervención, os axentes identificaron unha persoa e tramitaron unha acta de sanción por infrinxir a Lei de Pesca de Galicia. Ademais, todas as centolas comisadas, ao atoparse vivas, foron devoltas ao mar da zona polo servizo de Gardacostas de Galicia.

Este operativo enmárcanse no reforzo realizado pola UPA, en colaboración coa Consellería do Mar e coas confrarías de pescadores, no eido da loita contra o furtivismo e na protección dos recursos mariños afectados. O traballo céntrase en dispositivos dirixidos a impedir a actuación dos furtivos, tanto na actividade extractiva como na venda, transporte e distribución do produto sen as debidas garantías sanitarias.

Imaxes relacionadas