Nova
Villaverde enxalza a dilatada traxectoria do catedrático de navegación José Manuel Costas
A Coruña, 28 de novembro de 2025
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou este venres na homenaxe a José Manuel Costas, catedrático de Navegación e Instalacións Mariñas e profesor no IES Universidade Laboral da Coruña, falecido en abril deste ano, e que destacou “pola súa implicación indubidable co mar de Galicia”.
No acto, organizado pola Asociación Española de Titulados Náutico-Pesqueiros (Aetinape), Villaverde puxo en valor os corenta anos de traxectoria do homenaxeado, indicando que “miles de mariñeiros mercantes pasaron polas aulas deste gran capitán”.