Nova

Villaverde pon en valor o traballo de Fundamar en prol da seguridade e da calidade de vida dos traballadores do mar

1 de 3
2 de 3
3 de 3

Vigo, 9 de decembro de 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou este martes no acto do 15 aniversario da Fundación para a Pesca e o Marisqueo (Fundamar), un acto no que tamén se entregaron recoñecementos a profesionais destacados do sector.

Villaverde, acompañada polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, puxo en valor a traxectoria desta entidade en prol dos intereses dos homes e mulleres do mar e dos armadores para acadar maiores cotas de seguridade e de calidade de vida, así como unha produtividade óptima para as empresas pesqueiras.

“Un esforzo ineludible”, dixo, en aras de que estes profesionais “conten co coñecemento e experiencia necesaria para o correcto desenvolvemento da súa actividade”. Por este motivo, defendeu a colaboración e o diálogo mantidos durante estes quince anos como “a clave para promover fórmulas que nos permitan estar preparados para un futuro, marcado pola transformación social, ambiental e tecnolóxica do sector marítimo-pesqueiro”.

Imaxes relacionadas