Nova

Villaverde analiza coa FeSMC-UXT Galicia os principais asuntos que afectan ao sector pesqueiro

1 de 1

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro do 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse este luns con representantes da Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo (FeSMC) de UXT Galicia co fin de analizar as principais cuestións que afectan ao sector marítimo-pesqueiro e ás persoas traballadoras vinculadas a el.

Deste xeito, ambas as partes abordaron asuntos relacionados coa situación laboral, as condicións de traballo, a formación e a necesidade de seguir avanzando no diálogo social como ferramenta fundamental para garantir un desenvolvemento sostible en Galicia da actividade relacionada co mar. Trátase, segundo destacou Villaverde, “de afondar na mellora da competitividade, na protección do emprego e en seguir ampliando as alianzas cos distintos axentes socioeconómicos para afrontar os retos do sector”.

Imaxes relacionadas